
Zas encóntrase ó noroeste da comunidade Galega, na provincia da Coruña. Pertence á comarca de Soneira, formando parte ademáis do que se coñece coma Costa da Morte, ainda sendo un concello sen saida ó mar
O concello de Zas ocupa unha longa franxa estreita e alargada en sentido norte sul sendo a distancia entre os estremos de 22 Km, o punto mais o norte seria a vila de Baio e o máis o sul o embalse da Fervenza.
A comarcal 545 de Santiago-Baio atravesa a vila de Zas no kilómetro 45 e a comarcal 552 da Coruña a Fisterra atravesa o concello á altura de Baio no cal, hai un desvio cara Zas, quedando da capital provincial a uns 60 Km.Polo sul a LC-441 de Santiago a Muxía por Negreira, atravesa o concello de Zas.
A empresa de autobuses AUCASA ten varias lineas regulares que atravesan o concello, sendo esta unha boa maneira de chegar a Zas se non se dispón de coche.
MáIs información de AUCASA en:
Localidade: Santiago (A Coruña)
Domicilio: Pgno. Tambre, Vía Edison, 20-22 (15890)
Poligono: Tambre
Teléfono: 981588811
Fax: 981588390